O día que fiquei ensimesmado por Manuel Rivas
Ten razón o conselleiro de Cultura. A cultura galega está "ensimesmada e acomplexada". Está pampa. Atónita. Eu diría que Galicia enteira está abraiada. Aloulada. Levítica. Como Santa Teresa, está en "ausencia". Non me estraña. De Galicia foron desaparecendo cousas até que desapareceu o nome. Iso é o que contan do spot oficial do Xacobeo. Que non hai Camiño, non hai Santiago, non hai Galicia. Lóxico que a xente ande ensimesmada, a tocarse, dispensando, as partes mesmas. Os órganos da existencia. De aí o atinado do lema existencialista dos valados publicitarios: "Agora é cando, Galicia é onde". De aí tamén a continua invocación do presidente á "maioría silenciosa". Despois de tanta deconstrución, os galegos andamos todos con cara de encrucillado e de sudoku pola rúa, a preguntar con acenos desacougados: "Onde é Galicia?". E a xente sae de ler os xornais nos bares como se estivese a profundar …