Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio 31, 2011

40 edición da Feira do Libro da Coruña

40º edición da Feira do Libro desenvolverase, como todos os anos, do luns 1 ao mércores 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez, con horarios entre as 11:00 e as 14:00 horas polas mañás, e de 18:00 a 22:00 horas polas tardes. O programa previsto é o seguinte: Luns 1:
- 11:00 h. Apertura da feira.
- 12:45 h. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
- 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia.
- 19:00 h. Charla presentación da exposición fotográfica "Tiempo de recreo", patrocinada pola Fundación Telefónica. Participan no acto Fernando Marías, Carlos Spottorno, Marta Rivera de la Cruz e Lola Beccaría.
- 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
- 20:00 h. Presentación do libro "Un dedo manchado de tinta", de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da Editorial e actuaci…